1. Principios prácticos sobre ciberseguridade e hacking ético
Este módulo impártese no ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) coma no ciclo superior de Administración de Sistemas en Rede (ASIR).
Antes de poder traballar temas de seguridade de forma práctica é necesario adquirir conceptos previos sobre sistemas informáticos. Para esto, no propio ciclo de SMR e de ASIR trabállase sobre GNU/Linux e redes de maneira tanto teórica como práctica. O traballo en primeiro curso é imprescindible.
Estes conceptos adquiridos sobre sistemas informáticos, Linux e redes son básicos para traballar en ciberseguridade. No módulo de seguridade e alta disponibilidade de ASIR trabállase algo de hacking ético e, unha vez feito o ciclo superior, é posible acceder a un curso de especialización orientado exclusivamente á ciberseguridade.
A continuación veremos algúns temas interesantes e sinxelos que se tratan nalgunha das unidades didácticas destes módulos e no curso de especialización en ciberseguridade.
1.1 Recomendacións para unha internet segura
- Usa un navegador enfocado na seguridade e privacidade, por exemplo: Brave.
- Usa navegación privada en ordenadores públicos. Entre outras cousas, se no teu centro educativo olvidas cerrar sesión na aula virtual ou calquera outro servicio, esta cerrarase soa ao cerrar o navegador.
- Non cambiar o contrasinal usando ligazóns que che envíen por mensaxes.
- Nunca escribir o teu contrasinal en ningunha páxina web.
- Coidado con conectarse a Wifis abertas.
- Comprobar que o teu contrasinal non está filtrada en internet.
1.2 Metadatos
¿Cres que as túas fotos poden identificar onde te atopas nun momento concreto de tempo, a dirección da túa casa, etc.?
A páxina web iknowwhereyourcatlives mostra fotos de gatos compartidas por xente en redes sociais.
As imaxes conteñen metadatos e estos poden situar a dirección exacta onde estás, así como o dispositivo co que sacas a foto e outra información.

1.2.1 Exercicio sobre metadatos: busca a John Cinebi
Exercicio proposto polo INCIBE en que se propón a recuperación do contrasinal do usuario pola conta de Apple:

1.3 Contrasinais ¿por qué hai que ter contrasinais seguros?
1.3.1 Seguridade de contrasinais
Actualmente, as aplicacións piden contrasinais complexas, ¿por qué cres que ocorre?
1.3.2 Ataques sobre contrasinais
Existen dous tipos:
- Ataques de forza bruta: probanse contrasinais de maneira masiva.
- Ataques por diccionarios: usanse contrasinais almacenadas nun ficheiro de texto (as máis típicas) e a ver se sona a flauta...
1.3.3 Sitios para comprobar os vosos contrasinais
- Sitio I
- Sitio II
- Sitio III: coidado con meter o voso contrasinal en sitios online. Non metades o voso contrasinal aquí, so facede probas con distintos exemplos.
1.3.4 Diccionarios de contrasinais
En Kali Linux ven o rockyou.txt, que ten moitos contrasinais que foron "leakeados" ao longo do tempo. É probable que algún dos contrasinais que vos tedes postos estea por ahí. Por eso é importante utilizar mecanismos de dobre autenticación (authenticators).
1.4 Historias a contar
- Contrasinal incorrecta (Chema alonso).
- A base do exército (marines corredores).
- Outras.
1.5 Guía de ciberataques do INCIBE
Esto foi un pequeno resumo, se queredes saber máis sobre ciberseguridade podedes consultar a guía de ciberataques do INCIBE.